Un salto seguro á enerxía intelixente

O mercado eléctrico está a adaptarse aos novos tempos e ás necesidades dos clientes, avanzando cara a unha maior transparencia, aínda que a moitas persoas séguenlle xurdindo dúbidas á hora de exporse a cambiar de compañía.

As asociacións de consumidores e os medios especializados aconsellan que ante un cambio de comercializadora débese estar atento á duración do contrato e a posibles penalizacións pola finalización do mesmo antes do tempo estipulado. Ou á famosa letra pequena que pode darnos algunha sorpresa desagradable.

Nin compromiso de permanencia nin penalizacións

Na actualidade estes xa son riscos e prexuízos voluntarios. Porque coa enerxía intelixente non existen ataduras de ningún tipo. Nin compromisos de permanencia nin penalizacións. O que marca a durabilidade das relacións comerciais é a confianza e a satisfacción dos clientes.

Esta liberdade de movementos e a igualdade de condicións, está a motivar que cada día, máis pequenas e medianas empresas (PeMEs), comercios de todo tipo en pobos e cidades, e grandes consumidores, opten por dar o salto á nova xestión eléctrica e únense á familia de E.nova Enerxía. A súa experiencia marcará o noso futuro. Isto deriva en que na actualidade o mellor equipo comercial sexan os propios clientes. Pero hai aínda quen dúbida a dar o salto, e faise a pregunta:

Teño a subministración asegurada?

Rotundamente si. Sen custos extras na tramitación, o usuario de E.nova Enerxía non sufrirá ningunha alteración na subministración eléctrica, nin terá que modificar os contadores, nin efectuar cambios na súa instalación eléctrica. Incluso a nosa comercializadora poderá mediar directamente ante a súa distribuidora para axilizar todo o proceso.

A través da páxina web pódese obter máis información e mesmo solicitar que un asesor de E.nova Enerxía se póña en contacto con quen así o solicite. Porque agora é moi fácil dar o salto á enerxía intelixente, á eficiencia e ao aforro.