Tarifa fixa vs tarifa indexada

Os consumidores de electricidade teñen a posibilidade de elixir entre a tarifa fixa e a chamada tarifa indexada.Imos analizar as características de cada modalidade.

A tarifa fixa

A tarifa fixa é a opción tradicional. Págase un prezo pola enerxía consumida invariable, á marxe do mercado almacenista da electricidade. O prezo establécese por períodos, segundo a tarifa de acceso, non variando ó longo do día. Por outra banda, o Boletín Oficial do Estado(BOE) fixa un termo pola potencia contratada, a facturación desta non depende directamente da enerxía consumida.

Puidera parecer que a regularidade ofrecida pola tarifa fixa só ten vantaxes, pero tamén ten contrapartidas.

As comercializadoras poden aplicar subidas cando existe unha tendencia alcista dos custes da enerxía. Pola contra, no caso dunha baixada, adoitan conxelar as mesmas de xeito opaco, privando do beneficio ó cliente. Ademais, o feito de ter que protexerse ante as variacións e incertezas do mercado, obriga a estas a incluír unha prima de risco, que neste caso si repercuten no consumidor final, subindo a tarifa de enerxía. Por último, a tarifa fixa limita a flexibilidade de controlar o noso consumo para aproveitar as horas nas que a enerxía é máis baratas no mercado.

Algunhas fórmulas de tarificación fixa poden establecer varios tramos horarios con distintos prezos, pero en calquera caso non ofrecen as oportunidades da tarifa indexada, que segundo o caso pode ser unha alternativa máis interesante e barata.

Cales son as vantaxes da tarifa indexada?

Coa tarifa indexada o consumidor paga a enerxía que consume a prezo de custe, ó prezo que a electricidade ten hora a hora no mercado almacenista. A cambio, a empresa comercializadora percibe unha pequena marxe operativa por cada kWh consumido, que serve para cubrir a operativa e a xestión. Ademais, igual que acontecía coa tarifa fixa, márcase un termo pola potencia contratada.

Neste caso, a empresa comercializadora non aplica ningún sobrecusto por desvío ou prima de risco, e o cliente pode beneficiarse das baixadas do mercado. Ademais, a indexada permite adaptar o consumo ás horas máis favorables, ó poder coñecer a evolución do mercado de xeito continuo.

Existen evidencias de que a medio e longo prazo a tarifa indexada sempre resulta beneficiosa para o peto dos consumidores. As grandes empresas apostan por esta tarifa e cada vez máis PeMEs tamén o fan.

Un exemplo, a tarifa E.nova indexada

A tarifa E.nova indexada é unha mostra dos beneficios que se poden obter e a garantía de estar a pagar a cantidade mínima posible en cada momento. Estamos ante un contrato transparente onde non hai permanencia e a marxe de xestión está estipulada con claridade e sen letra pequena.O prezo está suxeito ao mercado e a flexibilidade é absoluta.

E. nova Enerxía ofrece unha garantía de aforro durante o primeiro ano. Despois realízase un estudo e compárase o gasto destes doces meses co que se estaría abonando á compañía anterior. No caso de que non exista un aforro real, descontarase a diferenza na seguinte factura.

Posiblemente este sexa o momento de que te unas á enerxía intelixente.