Subvencións

A empresa INICIATIVA E. NOVA SL foi beneficiaria dos seguintes programas de subvencións públicas:

No eido da innovación e as TIC

Ano 2018: Programa TicCámaras da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela. A acción tivo lugar contando co apoio do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional co obxectivo de mellorar o uso e calidade das tecnoloxías da información e das comunicacións e máis o acceso ás mesmas, grazas ao que puido implantar unha solución de Xestión de Clientes permitindo mellorar a súa competitividade e produtividade.

Anos 2020 e 2021: Programa InnovaPeme 2020 (procedemento 848D), cofinanciado pola Axencia Galega da Innovación e a Unión Europea, mediante o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) co obxectivo de desenvolver o PLAN DE INNOVACIÓN INICIATIVA E.NOVA S.L. (012). Para promover o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e unha investigación de calidade. Programa operativo | FEDER GALICIA 2014-2020 | Unha maneira de facer Europa”

 

Unión Europea
Xunta de Galicia
Gain
Cámara Santiago de Compostela

No eido das enerxías renovábeis:

Ano 2021-2022: Subvención de Proxectos de Enerxía Fotovoltaica, para o ano 2021-2022 confinanciadas polo Fondo Europe de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2022 (IN421S)

***

Ano 2023: Iniciativa E.Nova S.L. foi a promotora dunha instalación fotovoltaica para autoconsumo de 80 kW nominais, en modalidade PPA ON-SITE coa empresa Novo Campo Plantenes S.L., co obxectivo de acadar unha economía máis limpa e sustantábel a través do fomento da xeración distribuída e do autoconsumo enerxético. Coa devandita instalación conséguese unha menor dependencia do mercado eléctrico, así como unha redución das emisións de CO2 á atmosfera, evitando aproximadamente a emisión dunhas 40,29 toneladas anuais, o que supón unha pequena contribución a frear o cambio climático.

Para a execución do proxecto, Iniciativa E.Nova S.L. obtivo o apoio do programa de incentivos ligados a autoconsumo (C7:I1), con fontes de enerxía renovable, marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU. Estes fondos, xestionados polo INEGA e coordinados polo IDAE e o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, ascenderon a un importe de 28.537,60 €.

***

Ano 2023: Iniciativa E.Nova S.L. foi a promotora dunha instalación fotovoltaica para autoconsumo de 80 kW nominais, en modalidade PPA ON-SITE coa empresa S.A.T. Vila Alborés 1044, co obxectivo de acadar unha economía máis limpa e sustentábel a través do fomento da xeración distribuída e do autoconsumo enerxético. Coa devandita instalación conséguese unha menor dependencia do mercado eléctrico, así como unha redución das emisións de CO2 á atmosfera, evitando aproximadamente a emisión dunhas 34,30 toneladas anuais, o que supón unha pequena contribución a frear o cambio climático.

Para a execución do proxecto, Iniciativa E.Nova S.L. obtivo o apoio do programa de incentivos ligados a autoconsumo (C7:I1), con fontes de enerxía renovable, marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU. Estes fondos, xestionados polo INEGA e coordinados polo IDAE e o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, ascenderon a un importe de 32.104,80 €

***

Ano 2023: Iniciativa E.PPA S.L., pertencente ao grupo E.Nova Enerxía, foi o promotor dunha instalación fotovoltaica para autoconsumo de 36 kW nominais, en modalidade PPA ON-SITE coa empresa Grille S. Coop. Galega, co obxectivo de acadar unha economía máis limpa e sustentábel a través do fomento da xeración distribuída e do autoconsumo enerxético. Coa devandita instalación conséguese unha menor dependencia do mercado eléctrico, así como unha redución das emisións de CO2 á atmosfera, evitando aproximadamente a emisión dunhas 18,91 toneladas anuais, o que supón unha pequena contribución a frear o cambio climático. 

Para a execución do proxecto, Iniciativa E.PPA S.L. obtivo o apoio do programa de incentivos ligados a autoconsumo (C7:I1), con fontes de enerxía renovable, marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU. Estes fondos, xestionados polo INEGA e coordinados polo IDAE e o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, ascenderon a un importe de 15.288,00 €

No eido de parques móbeis:

Para a adquisición dun vehículo eléctrico para a súa rede comercial, INICIATIVA E.NOVA S.L. foi beneficiaria dunha subvención dentro do Programa de incentivos á Mobilidade Eficiente e Sustentable, MOVES III xestionado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico en base aos fondos Next Generation EU do Mecanismo Europeo de Recuperación e Resiliencia

***

Para a adquisición dun vehículo eléctrico para a súa equipa técnica, INICIATIVA E.GREEN POWER S.L. foi beneficiaria dunha subvención dentro do Programa de incentivos á Mobilidade Eficiente e Sustentable, MOVES III xestionado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico en base aos fondos Next Generation EU do Mecanismo Europeo de Recuperación e Resiliencia