Grille SCG

En Grille SCG, situada no municipio de Mazaricos, E.nova Enerxía levou a cabo unha instalación fotovoltaica para autoconsumo de 38kWp nunha primeira fase que se incrementará até 80kWp proximamente. Grazas aos paneis solares na súa cuberta, estase a rexistrar no inicio desta primeira fase un 20% de aforro. A instalación realizouse a través da modalidade de PP, de xeito que Grille non desembolsou investimento inicial e E.nova Enerxía cobra pola enerxía consumida da planta a un prezo por baixo do de comercialización.