Gandeiría Pérez SC

A Ganadería Pérez está situada en Lalín e dedícase á explotación intensiva de gando vacún co obxectivo de producir leite. Contan cunha planta fotovoltaica de 20 Kw, instalada por E.nova Enerxía. A fórmula escollida por Ganadería Pérez é o renting financeiro, polo que o cliente paga durante un período determinado unha cota que se compensa co aforro obtido polo autoconsumo. Tras vencer o prazo de aluguer, a cooperativa pode facerse coa propiedade da planta.