Gadis Arteixo

100 Kw

Descrición

A superficie comercial de Gadis en Arteixo, situada na Avenida Arsenio Iglesias do municipio arteixán, dispón na súa cuberta dun conxunto de placas solares que constitúen unha planta de 100 kW de potencia. Parte do consumo eléctrico deste supermercado Gadis cóbrese dende a enerxía xerada, que na súa totalidade repercute no local sen verter parte da súa produción á rede xeral.

En total, 224 módulos fotovoltaicos constitúen a planta, cuxa instalación contou co apoio da Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) da Xunta de Galicia en base ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea

Galería de imaxes

Video