Fundación Menela

E.nova Enerxía vén de instalar para a Fundación Menela -recoñecida entidade de iniciativa social, sen ánimo de lucro, declarada como benéfico-asistencial e de interese galego que atende as necesidades das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo- unha planta fotovoltaica de 35 KW. A instalación sitúase no Centro Castro Navás, na parroquia de Priegue no Concello de Nigrán.

E.NOVA ENERXÍA actuou como promotor desta planta en réxime PPA On-site para facilitar o aforro á Fundación Menela. Para a promoción da mesma, e co obxectivo de atinxir unha economía máis limpa e sustentábel a través do fomento da xeración distribuída e o autoconsumo enerxético, esta instalación contou co apoio da Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) da Xunta de Galicia en base a fondos Feder da UE por unha achega de 9.631,44