Penalización e optimización dos excesos de potencia

A penalización por exceso de potencia acontece cando se supera a demanda de potencia contratada. Afecta ás tarifas que teñen contratada unha potencia eléctrica superior a 15kW (quilovatios). É dicir, ás tarifas de acceso 3.0A, 3.1A e 6.X.

O control da potencia demandada leva aparellado a instalación dun maxímetro por parte da empresa distribuidora, que controla as potencias nos distintos períodos para penalizar no caso de excesos. Ó seu favor, aqueles tipos de subministro controlados por maxímetro non serán cortados ó superaren a potencia contratada. Os maxímetros detectan a penalización pero impiden o corte.

Pola contra, os usuarios cunha potencia contratada inferior a 15kW, os das tarifas 2.0 e 2.1, non deberán preocuparse pola penalización, xa que dispoñen dun interruptor ICP ( Interruptor de Control de Potencia), mais si polos cortes que suceden cando se excede a demanda de potencia contratada. que cortará a subministración ao pasar o límite.

Existen excepcións sobre a táboa anterior. Por exemplo, as comunidades de propietarios ou zonas de seguridade, que precisan dunha subministración ininterrompida, deben contar cun maxímetro instalado pola empresa distribuidora mesmo aínda que teñan unha tarifa 2.0 ou 2.1. É común que este tipo de consumidores descoñezan esta situación, substituír o ICP polo maxímetro adoita resultar en aforros neses casos, ó poder reducir a potencia contratada.

Sobre a penalización reflectida na factura

No caso das tarifas 3.0A e 3.1A de tres períodos, a potencia a facturar calcularase segundo as fórmulas seguintes, establecidas no artigo 8 do RD 1164/2001:

* Pmax < 85: Se a potencia máxima demandada fose inferior ao 85 por 100 da potencia contratada, a potencia a facturar será igual ao 85 por 100 da potencia contratada. Neste caso non habería penalización.

85 < Pmax < 105 : Se a potencia máxima demandada, rexistrada no período de facturación, estivese dentro do 85 ó 105 por 100 respecto á contratada, entón a potencia facturada será a máxima rexistrada. Neste caso tampouco habería penalización.

Pmax > 105: Se a potencia máxima demandada fose superior ao 105 por 100 da potencia contratada, a potencia a facturar no período considerado sería igual ao valor rexistrado máis o dobre da diferenza entre o valor rexistrado e o valor correspondente ao 105 por 100 da potencia contratada. É dicir, neste caso si habería penalización.

Nas tarifas de potencia 6.X de seis períodos, a penalización calcúlase en función das potencias contratadas en cada tramo tarifario e, no caso de corresponder segundo a tarifa, tamén en base ás potencias realmente demandadas. A facturación dos excesos de potencia para as tarifas de acceso 6.X realízase tomando datos de consumo cuarto-horarios, segundo a fórmula establecida no RD 1164/2001, no caso de que a potencia demandada sobre pase en calquera período horario a potencia contratada no mesmo.

Fórmulas de Optimización

Outra das vantaxes principais de contar cun maxímetro, ademais de evitar os cortes, é que permite determinar de xeito preciso a potencia óptima a contratar para unha instalación de consumo.

Así, é moi aconsellable observar o noso historial de consumo e calcular previsións. Debemos analizar as últimas facturas e en base a isto, contratar a potencia axeitada.

Tamén é moi aconsellable controlar as variables do noso consumo de potencia para que non superemos o que temos contratado. Hai sistemas que detectan e desconectan cargas para evitar os picos de potencia. Os equipos de aire acondicionado, as luces ou os ventiladores son trebellos que podemos monitorar.

Empresas do sector como E.nova Enerxía ofrecen un asesoramento personalizado e a posibilidade de realizar un estudo de consumo gratuíto para poder axustar a túa factura ás túas necesidades reais.