O aforro enerxético nas empresas é posible

E.nova Enerxía segue comprometida coa información sobre os beneficios da enerxía intelixente. Xunto cos artigos divulgativos publicados no noso espazo web e difundidos a través das redes sociais, tamén hai unha clara aposta polo contacto directo coa xente.

Unha mostra é o acto celebrado no concello de Mazaricos.O socio de E.nova Enerxía, Darío Tojeiro, interveu nun encontro formativo sobre aforro enerxético que se celebrou na Casa da Cultura da Picota. A actividade contou coa colaboración da asociación de hostaleiros local e da entidade Gandeiros de Mazaricos.

Neste acto, explicáronse diferentes cuestións relacionadas cos distintos tipos de tarifas ou os conceptos da factura eléctrica. Tamén se informou sobre os factores a ter en conta á hora de conseguir un aforro eléctrico real.

As medidas de aforro ocuparon unha boa parte da disertación de Darío Tojeiro.Un erro na lectura do consumo ou no cambio de potencia poden ocasionar gastos importantes, por iso resulta fundamental detectar posibles erros ou abusos na factura, escoller un tipo de tarifa axeitada e unha potencia axustada, entre outras cousas.

Empresas como E.nova Enerxía fan todo máis doado, xa que ofrecen a posibilidade de realizar un estudo enerxético personalizado de balde.