Monitorización do consumo: estratexia de aforro

Dispoñer de información é clave sempre e facilítanos a consecución dos nosos obxectivos. E no sistema eléctrico a cuestión non cambia en absoluto. A monitorización do consumo supoñerá aforro e eficiencia, a través de distintas accións orientadas a coñecer todos os detalles do noso consumo e poder detectar anomalías e identificar oportunidades para mellorar a eficiencia e reducir o custo enerxético.

Por exemplo, unha das técnicas máis simples é medir o consumo nas horas nas que supostamente non usamos enerxía. Pode haber electrodomésticos ou outros aparellos que en “stand by” xeren un gasto evitable.

Segundo o IDAE máis do 10% do consumo dos electrodomésticos no estado español realízase en “stand by”.Á parte de accións puntuais, que tamén son interesantes, o ideal é facer un estudo detallado do noso consumo, en base á monitorización do mesmo. Empresas comprometidas coa enerxía intelixente como é o caso de E.nova Enerxía ofrecen aos seus clientes unha análise completa que permitirá aos autónomos, pemes, grupos empresariais e grandes empresas contar cos datos suficientes para promover unha estratexia de aforro, que se notará nas facturas. E sen un custo adicional para os clientes.

O proceso implica o tratamento de datos para unha pormenorizada análise gráfica e matemática, que nos darán a coñecer opcións viables e sacarán a relucir posibles puntos negros no noso consumo.Ademais, a Oficina Virtual de E.nova Enerxía permite ós clientes, sexan ou non multi-punto , visualizar as súas facturas para coñecer o gasto, validar as mesmas e desbotar posibles erros, dispoñendo de alarmas enerxéticas e dun control contable.

Tamén hai alternativa para os grandes clientes que mediante estes sistemas de monitorización poderán coñecer as curvas de consumo diarias, predicir custos, recibir alertas para detectar anomalías e facilitar información máis detallada para unha posterior análise en auditorías enerxéticas, por parte de técnicos e profesionais.