Evitar erros e abusos na factura eléctrica

É posible que esteas pagando de máis sen sabelo por culpa dun erro. Ou se cadra sexas vítima dun abuso. Os medios de comunicación acreditan con frecuencia casos onde as compañías eléctricas tiveron que devolver cartos aos seus clientes por cobros indebidos .

Unha factura pode ser un caixón de sorpresas. Un simple erro matemático ou unha lectura solapada poden facer que che cobren de máis ou incluso por duplicado. Entre as causas destas anomalías están os erros na facturación da potencia, ao non adaptarse ás necesidades do consumidor, ou o feito de que a comercializadora aplique unha tarifa sen discriminación horaria e a distribuidora a estivera aplicando con discriminación. Esta mellora económica non chega a factura.

Ademais débese ter en conta os descontos e as ofertas e as súas condicións. Poden ser por un período concreto e estar ligados a servizos adicionais que acabarán encarecendo o noso consumo.

Onde reclamamos?

Podemos reclamar diante da empresa comercializadora por erros na facturación, na tarifa ou no cobro. E debemos dirixirnos a compañía distribuidora cando o problema se relacione con avarías, erros na medida, ou cuestións relacionadas ca instalación.

Tamén os servizos de consumo das administracións ofrecen asesoramento ante posibles reclamacións e existen distintas asociacións de consumidores. Pero o mellor é sempre ser previsión e buscar unha alternativa.

Cal é a mellor alternativa?

O que antes podería ser un problema agora ten unha solución doada. A alternativa é optar pola enerxía intelixente. Pola transparencia e a atención directa. A opción é contratar enerxía cunha comercializadora que de xeito gratuíto garanta a validación da factura e xestione as incidencias ca distribuidora en nome do consumidor.

Este é o caso de E.nova Enerxía. A atención personalizada, o estudio das particularidades de cada cliente e o aforro garantido, son características que avalan o traballo desta empresa e aportan unha total confianza para os consumidores.