Consellos para gastar menos electricidade no teu comercio

Os pequenos e medianos empresarios enfróntanse cada día ao reto de manter os seus proxectos no terreo da rendibilidade e nunha constante revisión. Dicía o refrán anónimo que “aforrar non é só gardar senón saber gastar”, e efectivamente a planificación é clave no éxito dos negocios. Pero tamén a optimización dos recursos, evitando o malgaste e controlando o gasto.

E o consumo eléctrico é un dos apartados para ter en conta porque en menor ou maior medida está presente no noso día a día. As maquinarias da pequena fábrica, a cafeteira ou a máquina comecartos do bar, a caixa rexistradora do comercio ou as lámpadas que nos iluminan en calquera lugar. Todo é consumo.

Pequenos consellos para aforrar enerxía

O uso das chamadas lámpadas aforradoras é unha opción interesante, se vai acompañada doutras medidas. É importante ter unha actitude responsable e por exemplo, racionalizar o uso eléctrico. Porque é habitual en moitos espazos ver luces, equipos informáticos ou electrodomésticos acesos a pesar de non estar a cumprir ningunha función.

Tamén hai medidas de aforro enerxético orientadas aos sistemas de calefacción, ventilación ou aire acondicionado. E non estaría mal analizar a posibilidade de colocar temporizadores ou un control de iluminación con sensores de movemento e fotoceldas para detectar o nivel de luz solar que entra pola xanela, o que segundo distintas fontes pode xerar un aforro do 30%.

Aínda que se queremos realmente dar un paso cara ao aforro, a clave está na enerxía intelixente.

A clave está na enerxía intelixente

Os xestos e as medidas axudan pero un dos puntos elementais está na túa factura. E.nova Enerxía garánteche o aforro. A estratexia da enerxía intelixente consiste en elaborar un perfil de consumo gratuíto que permitirá confeccionar unha tarifa á carta, adaptada ás necesidades de cada empresa.

O estudo personalizado posibilita detectar puntos negros no consumo e buscar as opcións máis económicas sen que afecte o servizo. Simplemente buscando o aforro, mediante a optimización dos recursos e con total transparencia. A atención directa e a análise de cada cliente é sen dúbida a mellor opción para non pagar de máis, e poder investir noutros sectores da nosa actividade.

Na factura de E.nova Enerxía podes coñecer o beneficio da empresa comercializadora que utiliza a enerxía cento por cento renovable.