Como facer un aeroxerador eólico caseiro

A enerxía eólica está de moda e aumenta a súa presenza ao longo do mundo. Para coñecer un pouco máis sobre esta fonte de enerxía ofrecémosche a posibilidade de fabricar un pequeno aeroxerador doméstico. Seguimos os consellos do portal EcoInventos.

Reunir materiais para o aeroxerador
O primeiro paso é reunir todos os materiais que imos necesitar e que son os seguintes: Un motor (serve o dunha vella impresora ou dun vídeo), un cortador de PVC, un anaco de tubaxe de PVC de entre 7 e 10 cm de ancho e de ao redor de 2’5 de longo, outro anaco de tubaxe de PVC do mesmo diámetro, pero duns 7’5 cm de longo, e outro de tubaxe de PVC de 2’5 cm de diámetro e de 2’5 cm. de longo.

Tamén imos precisar unha peza en forma de “T” para conectar as tubaxes( de 2,5 cm de ancho), e outra peza para unir as mesmas. Teremos a man un plástico(unha caixa dun vello cd é máis que suficiente), un pelacables, unha brida, unhas aspas e un cable de 22 AWG(0,6 cm de diámetro).

Primeiras accións
Comezamos. Cortaremos as tubaxes para que teñan o tamaño indicado. Retiraremos o anel das mesmas. Enrolaremos o motor en cinta illante ata que encaixe ben no conector das tubaxes. Despois haberá que pelar os extremos do cable. Debemos ter material extra. O seguinte paso será partir a caixa para CD ou o plástico. Hai que asegurarse de deixalo limpo de calquera parte que sobresaia. Agora, coa tubaxe de 2’5×2’5 que tiñas, realiza un corte no que poida encaixar o CD.

Traballando cos cables
Entramos na segunda fase. Soldaremos o cable ao motor, marcando o positivo do motor como negativo e o negativo como positivo posto que este vaise empregar para tomar enerxía e non para recibila. Deslizaremos o cable pola peza con forma de “ T” á tubaxe de 7’5 cm, á peza conectora e á outra tubaxe, a de 2’5. Faremos un buraco na tubaxe de 2,5 cm e poñeremos o cable a través. Conectaremos as pezas, evitando que queden moi tensas.

Os últimos movementos
Colleremos o plástico(CD) e conectarémolo á tubaxe de 2’5×2’5 deslizándoa no corte que realizaras anteriormente. Posteriormente, une esta tubaxe coa peza en forma de “ T”. Comprobaremos que todo está ben colocado. Pegarémolo. Se fixemos todo ben, o noso aeroxerador debería funcionar.

Senón, teremos que repasar os pasos. Posiblemente nos axude o seguinte vídeo.