Ao outro lado do teléfono hai persoas e solucións

Un dos aspectos que certifican a satisfacción dos consumidores cos produtos contratados é a atención ao cliente. Cando se fala deste tema a moitas persoas vénlles á cabeza, imaxes desagradables e longos tempos de espera ao outro lado da liña telefónica. Escoitando música e mensaxes robotizadas que parecen non terminar nunca. Que se eternizan no tempo. Todo para poder acceder a un servizo que pagamos. Pero sempre hai excepcións.

En E.nova Enerxía entendemos que o tempo é ouro e sobre todo que os clientes son o máis importante e merecen un trato xusto. E se coa enerxía intelixente teñen unha factura con condicións máis vantaxosas e totalmente transparentes, tamén merecen un trato axeitado. Unha atención directa, á medida e continua.

Os clientes da nosa empresa reciben desde un primeiro momento o asesoramento dun equipo de expertos no mercado eléctrico. Non hai intermediarios nin tempos de espera insufribles. Ao outro lado da liña telefónica non hai máquinas. Hai persoas e solucións.

En E.nova Enerxía ofrecemos unha atención directa e personalizada. Facemos un seguimento ás necesidades de cada consumidor. Isto permítenos ofrecer en cada momento os produtos e servizos que cada cliente necesita. Ao final todo isto repercute na súa satisfacción e na súa factura.

Distintos estudos avalan que máis da metade dos clientes acaban abandonando os servizos contratados por unha mala atención, na súa maioría telefónica. Coa enerxía intelixente esta situación é un mal recordo do pasado.

O presente é un tempo de eficiencia e respostas. Libres de ataduras.Por iso cada cliente de E.nova Enerxía é un testemuño do que significa gozar dunha atención personalizada, áxil e resolutiva.

Podes contactar connosco a través do 900 834 473 (chamada gratuíta) ou se prefires podemos chamarche nós. Tamén estamos nas redes sociais.