A transparencia é o sinal de identidade da enerxía intelixente

Os servizos da enerxía intelixente caracterízanse pola total transparencia, dando resposta a unha das demandas da sociedade actual.

O consumidor ten dereito a unha información clara e a saber onde vai parar cada euro que gasta. En E.nova Enerxía máis que un compromiso, a transparencia é un sinal de identidade.

A factura non pode converterse nun auténtico labirinto para o consumidor, senón que ten que ser unha ferramenta útil de control que acredite a relación comercial existente entre dúas partes. O contrato non pode deixar ningunha dúbida nin xerar futuras decepcións.

En cada factura de E.nova Enerxía, o cliente pode saber a orixe da enerxía en cada momento, e o que se paga a cada participante do sistema eléctrico pola enerxía consumida. Tamén é posible validar a factura para coñecer todos os detalles da mesma.

Ademais, a nosa comercializadora eléctrica conta coa tarifa indexada. Isto permite saber ao cliente a marxe do beneficio da empresa e o prezo do mercado eléctrico. Exactamente, os usuarios da enerxía intelixente poden saber cal é o destino de cada euro e a ganancia da empresa provedora.

É a alternativa á factura tradicional, demasiado engorrosa, carente de información necesaria e que tantos quebradoiros de cabeza deu desde sempre aos consumidores.

Os tempos cambiaron e as empresas intelixentes xa non teñen que preocuparse de letras pequenas e números confusos. Xa son moitos os pequenos e medianos empresarios, comerciantes, hostaleiros ou agricultores que gozan do servizo transparente de E.nova Enerxía. A información diáfana e o asesoramento personalizado fortalecen a confianza dunhas empresas que xa non viven coa preocupación de levar sorpresas desagradables e saben que ademais de aforrar coñecen todos os detalles da súa factura e do seu contrato.”